jueves, 6 de febrero de 2014

Morriña

Camiña quente, pensamentos doces Pensar en ti na tristura da noite, alégrame o ánimo. O sorrir dun neno A viveza dos ollos Velados recordos no xordo latir do momento, a noite, o silencio. Quixera bicarte ... Sentirche o alento Quente, doce. Acesa a luz dos recordos As ansias perdidas do tunante Crebada a alegría da festa Mel, bolboretas e un sorriso dende a fiestra A casa e vella e a madeira podrece Coma min, coma herba Se eu soubera.... Se eu soubera de ti antes no tempo frío lonxe ferido Acordo... Balbordo na eira Na casca do millo, na peneira O suor do traballo A maledicencia da xente

No hay comentarios:

Publicar un comentario